Entrez

Logo de Entrez.

O Entrez Global Query Cross-Database Search System é un motor de busca federada[1] ou portal web que permite aos usuarios buscar en moitas bases de datos de ciencias da saúde no sitio web do National Center for Biotechnology Information (NCBI) norteamericano.[2] O NCBI forma parte da Biblioteca Nacional de Medicina dos Estados Unidos (NLM), a cal é un departamento dos Institutos Nacionais da Saúde (NIH), os cales á súa vez forman parte do Departamento de Saúde e Servizos Humanos dos Estados Unidos. Escolleuse o nome "Entrez" (que é unha benvida en francés invitando a entrar, que significa "Entre") para reflectir o espírito de dar a benvida ao público para que busque nos contidos dispoñibles na Biblioteca Nacional de Medicina.

Entrez Global Query é un sistema integrado de busca e recuperación de datos que proporciona acceso a todas as bases de datos simultaneamente cunha soa cadea de caracteres de busca e unha interface de usuario. Entrez pode recuperar eficientemente estruturas primarias, secundarias e terciarias de moléculas relacionadas, e referencias. O sistema Entrez pode proporcionar vistas de secuencias de xenes e proteínas e mapas de cromosomas. Tamén se pode ter acceso a algúns libros de texto desde o sistema Entrez.

  1. Permite a busca simultánea de moitos recursos.
  2. NCBI Resource Coordinators (2012). "Database resources of the National Center for Biotechnology Information". Nucleic Acids Research 41 (Database issue): D8–D20. PMC 3531099. PMID 23193264. doi:10.1093/nar/gks1189. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search